12 may 2011
ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME.
O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...
A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.
Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova)
Data: Sábado 14 de Maio
Hora: 20:30 h.
Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)
Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.
No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.
Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario