O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL TRASPÉS PRESENTA
DE SERÁN EN ROMARÍA
Sábado 7 de maio de 2011 ás 21h
Auditorio do Centro Sociocultural de Beade, Vigo (Pontevedra)
O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación,
investigación, conservación e difusión do folclore.
Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile,
as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega
por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín.
Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas,
coidando meticulosamente todos os detalles (indumentaria, xoería, repertorio, etc)
------------------------
Unha tarde de sol, sentado na sombra que hai ao pé da porta da súa adega,
cun cigarro na boca e un vaso de viño na man, Manolo de Toutón recorda a súa mocidade,
percorrendo Galicia co seu tambor para acompañar ao seu tío Serafín, “o gaiteiro do Condado”.
Tocaban en tódalas festas do Condado, pero iso a Serafín non lle chegaba,
así, xunto co seu sobriño, marchou por Galicia adiante a tocar en toda festa na que eran contratados.
Foi así como Manoliño, con tan só 16 anos, comezou a súa andaina por toda Galicia
descubrindo as distintas formas de divertirse que tiña a xente daquel tempo;
gozando de Polavilas, Romarías, Entroidos, Bailes e Seráns entre outras festas;
pasando a súa vida... de Serán en Romaría.
Fundado a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos cunha importante traxectoria no eido do mundo tradicional,
o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como finalidade amosar ao público a nosa realidade cultural
a través dos traballos de recollida de campo na que abarcamos toda a etnografía da nosa comunidade,
intentando non desvirtuar ningún dos seus detalles.
Así, na posta en escena, podemos apreciar a forma de vida dunha época determinada,
con información contrastada e coidando meticulósamente tódolos seus detalles tales como a indumentaria,
a xoiería, os bailes, as músicas, os cantares, os instrumentos... propios da época e do lugar que estamos interpretando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario