CONCERTO DE
TIC-TAC (Pablo Díaz)
Mércores 4 de maio de 2011 ás 12h,
Praza do Concello, Bueu (Pontevedra)
Froito dunha incesante actividade musical e vital, o multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz,
agasállanos por fin co séu primeiro traballo discográfico en solitario: Tic-Tac.
Un disco para nenos grandes e pequenos. Con bases da música pop, rock, tradicional galega e moitas máis,
Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante: espertan ca canción do Tic-Tac,
bailan co Rock do Porco Celta, viven mil contos que van arrolando a imaxinación.
O libro-disco, publicado pola editorial Kalandraka, conta coas ilustración de Marc Taeger
e un sinfín de colaboracións: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote...
CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma
que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar
á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación
do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas
a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O Correlingua, que xa vai pola súa sexta edición, alcanzou ao longo destes anos
unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario