31 mar 2011

CONCERTO DE PRADAIRO


CONCERTO DE

PRADAIRO
Achegarte 2011

Sábado 2 de abril de 2011 ás 19:30h,
Palexco (1º andar), A Coruña

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo,
Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación,
sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos
o mellor da música de raíz e do folk actual.
Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable
para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzo
por todas as tímbricas dos nosos instrumentos
coloreados con tinguiduras doutras terras.
Ritmo e creatividade cos pés na terra. Pateado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario