31 mar. 2011

CONCERTO DE PESDELÁN


CONCERTO DE
PESDELÁN
Achegarte 2011

Domingo 3 de abril de 2011 ás 13h
Hall do Palexco (A Coruña)

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes
e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Disposto a recuperar a cultura participativa das festas,
este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé,
iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo
dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas,
para despois bailalos todos xuntos."

No hay comentarios:

Publicar un comentario