30 ago 2010

Xosé Manuel Budiño - xira promocional de "VOLTA" en ARXENTINA - 30 e 31 de agosto

Xosé Manuel Budiño en Arxentina

LUNS 30 DE AGOSTO 2010, 20 hs.

VIDEO CHAT EN VIVO + CHARLA con estudiantes de música e un SHOWCASE que se poderá seguir en directo por www.centrogalicia-bsas.org


CENTRO GALICIA DE BUENOS AIRES
Salón “Valle Inclán”
Bme. Mitre 2552 C.A.B.A

MARTES 31 DE AGOSTO 2010, 21 hs.

Concerto VOLTA


CENTRO CULTURAL "PASEO LA PLAZA"

"Sala Pablo Picasso" (21:00)

VOLTA O novo traballo de Xosé Manuel Budiño, é un documental sobre unha viaxe de ida e volta, unha "road movie" ao longo de catro continentes que culmina no Festival de Ortigueira.


Dentro dun atractivo estoxo, atoparemos o
DVD do espectacular concerto no Festival de Ortigueira de 2009; intercalado con imaxes das xiras, un electrizante tema en directo con Deluxe, unha actuación sorpresa na compostelana Praza das Praterías e tamén, mini-entrevistas a grandes músicos moi próximos a Budiño: Kepa Junkera, Mercedes Peón, Xoel López, Jorge Pardo ou os escoceses Donald Shaw e Karen Matheson de Capercaillie. O encargado da dirección audiovisual foi o realizador galego Quique Otero.


Xa no
CD poderemos introducirnos como un participante máis no Festival de Ortigueira, xa que a extraordinaria produción musical do disco aposta por unha auténtica inmersión do ouvinte entre o público do festival. Nesta experiencia única, Xosé Manuel Budiño ofrece un repaso polos temas máis representativos da súa carreira, dende o referencial "Paralaia", pasando por temas de "Arredor", "Zume de Terra" e "Home"; tamizados nesta ocasión por unha reinterpretación contemporánea, e impulsados por toda a potencia e intensidade que require un concerto ao vivo. Xunto a dous novos temas, “Volta” e “Tradi”, atopámonos polo tanto, ante un disco onde atopar as mellores composicións do gaiteiro galego máis innovador.


Bos Aires, México DF, Oriente Próximo, Europa e finalmente Ortigueira... unha viaxe que queda reflexado nun extensísimo libreto que completa o pack de "VOLTA"

A edición limitada de luxo (DVD+CD) de Xosé Manuel Budiño “VOLTA” (Falcatruada, 10) xa está nas tendas, pero tamén se pode atopar a música de VOLTA en formato dixital a través dos mellores espazos da rede en todo o mundo. É o caso de Amazon, eMusic, etc. De igual xeito, pódese escoitar a través dos servizos habituais de streaming como Spotify, LastFM, Deezer…

www.xosemanuelbudino.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario