30 ago 2010

Concerto de Tribemol

CONCERTO DE

TRIBEMOL



Mércores 8 de setembro de 2010 ás 12 da noite,
Festas do Carmen de Portodosón (zona portuaria) (A Coruña)


Cun amplo bagaxe reúnense estes tres músicos, procedentes de proxectos como Xochilmica, Laio, Marful, Banda Europa, Pésdelán... Presentan un repertorio baseado na música galega, tanto tradicional coma de composición, no que os seus arranxos persoais lle dan un carácter propio e unha sonoridade única. Muiñeiras, jotas, pasodobres, rumbas, polcas... compoñen o universo rítmico deste trío, arroupado nos timbres da gaita, o acordeón e o bouzouki, convidan ao oínte tanto á escoita relaxada coma ao baile.

Tri'be Mol son: Edelmiro Fernández (gaitas), Xan Pampín (acordeón) e Pedro Pascual(bouzouki).

Vía [Merlo Branco]

No hay comentarios:

Publicar un comentario