11 sept 2013

GAITEIRO MAIOR, concurso de gaiteiros no Luar da TVG

Concurso de Gaiteiros Solistas. “Gaiteiro Maior”.

• Poderán participar os maiores de 16 anos. Os compoñentes teñen que ser aficionados.

• Os concursantes aportarán o vestiario.

• A inscripción será gratuita. Televisión de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento, catering e 50 € a cada gaiteiro en concepto de colaboración.

• No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa atendendo a criterios de audiencia. 

• Os concursantes teñen que realizar os diferentes ensaios de imaxe e sonido no plató. 

• O Xurado está formado por Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva. (Suxeito a posibles cambios).

• O concurso ten como premio unha dotación económica de 4000€ para o gañador ou gañadora, e 2000€ para o segundo clasificado, que estarán suxeitos ás correspondentes retencións do IRPF.







Para participar: manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a luar@crtvg.es ou chama ao teléfono 981540636.

No hay comentarios:

Publicar un comentario