5 sept. 2013

A Casa das Crechas comeza a temporada o luns cunha festa-concerto brasilega gratuita

  • BRASILEGANDO – Sérgio Tannus Trio e amig@s - luns 9 ás 22h (de balde)
  • Trampoline (folc) - martes 17 ás 22.30h (4€)
  • Combo Dinamo (pop-rock) - martes 24 22.30h, 5€
  • Volven as Foliadas coa Banda das Crechas os mércores

Compostela, 6 de setembro de 2013. A Casa das Crechas comeza a temporada musical cunha festa brasilega o vindeiro luns, comandada polo músico Sérgio Tannus e amigos/as. É gratuíta e estades todos convidados/as a asistir. Sérgio presentará a súa nova web, celebrará o seu aniversario e tocará e cantará temas do seu último disco. 

Ademais, este setembro os vigueses Trampoline presentarán aquí o seu primeiro álbum, ‘Motivations’, ao igual que os coruñeses Combo Dinamo, que farán o propio co seu segundo traballo ‘Quieto, muere, resucita!!!’.


Velaquí a programación completa...

Luns 9 ás 22h (de balde)
BRASILEGANDO – Sérgio Tannus Trio e amig@s
Festa - Concerto
Lanzamento de www.sergiotannus.com 

FOLIADA (1€)
Mércores 11

Martes 17 ás 22h30 (4€)
TRAMPOLINE
Cancións pletóricas de emocións cunha visión pop pouco común é o que nos trae dende Vigo este trío de folk acústico. Enraizados nos sons americanos máis próximos a autores coma Andrew Bird ou Iron & Wine, e cunha delicadeza nas súas melodías máis propia da música británica e de bandas con certa nebulosa coma Radiohead, os vigueses nos presentan por fin o que resulta ser o seu primeiro álbum, “Motivations”.

FOLIADA (1€)
Mércores 18 


Martes 24 ás 22h30 (5€)
COMBO DINAMO
Quieto, muere, resucita!!! foi o título do segundo LP da banda, un disco cheo de cancións con personalidade que acadou excelentes críticas. O quinteto coruñés escolle agora a Casa das Crechas para regresar aos palcos e comezar a xira de presentación dun novo disco titulado Combo Dinamo EP Nº1. Agárdanos un directo intenso que vai dende o power pop ao pop máis clásico ou o rock máis moderno.


FOLIADA (1€)
Mércores 25

Luns 30 (por convite)
BUDIÑO 
“SOTAQUE” [showcase] 

No hay comentarios:

Publicar un comentario