24 jun 2013

Festas de San Pedro, o barrio máis senlleiro de Santiago

Mañá comezan as Festas do Barrio de San Pedro, que celebran a súa décima edición
  • Mañá martes darán comezo as Festas cunha intervención (Grito Comunal), logo continuará cunha improvisación teatral e finalmente música-cine coa Banda Municial
  • As Festas durarán até o domingo 30 de xuño e haberá feira, romarías, orquestras, danza, pirotecnia, foliadas, folc, rock, teatro, contacontos, circo...

Mañá comezan as Festas do Barrio de San Pedro, que celebran a súa décima edición, cunha intervención colectiva no Cruceiro de San Pedro cun Grito Comunal ás 20.30h. Ás 21h haberá unha improvisación teatral na Praza da Angustia con The Momento Impro: Un grupo de improvisación teatral que realiza funcións irrepetibles, comedia e creación en directo. 

E, para rematar a xornada, ás 23 horas haberá unha sesión de música-cine coa Banda Municipal, que musicará o filme ‘O prestamista’. 

“Amor de barrio” é o lema das Festas do Barrio de San Pedro, que se celebrarán do martes 25 ao domingo 30 de xuño, con case 40 actividades en toda a zona. Organiza a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro coa colaboración da Asociación Veciñal  A Xuntanza, os Comerciantes do Barrio de San Pedro e os veciños e veciñas.

E, coma sempre, estamos diante das festas máis populares da cidade, levadas a cabo co esforzo dos veciños e veciñas. Máis de 150 voluntarias (si, elas son maioría abrumadora) fan posible unhas 40 actividades de todos os xéneros en cinco días días. 

Podedes consultar o programa completo aquí: http://fbsp.info/programa/programa-do-2013/

No hay comentarios:

Publicar un comentario