17 abr 2013

IX Encontro Internacional Zona da Zanfona Rianxo 2013



Zona da Zanfona. IX Encontro Internacional
Rianxo
18-21 abril 2013 
Zona da Zanfona 2013 en Rianxo é o IX Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, onde cada ano, aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular achega os mellores intérpretes e compositores para amosar a súa arte e impartir cursos prácticos para os especialistas deste instrumento milenario que está a rexurdir cunha forza consolidada nos últimos 10 anos e dos que este encontro é a cita máis importante do ano nesta periferia de Europa. O mestre convidado deste ano é o austríaco Matthias Loibner
Logo de oito anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval”. As figuras de renome internacional, presente magnífico dun porvir para a memoria do instrumento neste rexurdir moderno desde os anos 70. Ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Óscar Fernández, Anxo Pintos, Adrià Grandia, ... ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid,...
Consolidándose en Rianxo están á vangarda programática para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar. Logo de mil anos de Historia
Resumo do programa de actividades
Xoves 18 abril
  • Centros de ensino de Asados e Taragoña: Actividades escolares- obradoiros e mostra ao redor do instrumento co luthier César Loureiro Sobral
  • Rapsodiado: encontro para performers da palabra e da zanfona.
Venres 19 abril
  • CONCERTO. 21 h Auditorio: Matthias Loibner (Austria); Alejandro Vargas (Cuba) + Germán Díaz (Castela)
Sábado 20 abril
  • Curso intensivo con Matthias Loibner
  • Palco aberto amenizado con zanfonistas e outros instrumentos. Cámping apartir das 22.30h
Domingo 21 abril
  • Auditorio: Curso intensivo con Matthias Loibner
  • Axouxere editora: Laboratorio de ideas sobre a zanfona contemporánea

No hay comentarios:

Publicar un comentario