22 abr 2013

Galicia xa ten finalistas para o Trofeo Mac Crimmon 2013

O auditorio da Ramallosa foi o escenario elexido para a celebración do certame con finalidade de elexir ós catro representantes galegos no prestixioso Trofeo Mac Crimmon do Festival Interceltique de Lorient o vindeiro 3 de Agosto.

A partir das cinco da tarde, a multitude de asistentes puideron asistir a este certame, que nace coa finalidade de escoller ós catro gaiteiros que particirán neste recoñecido concurso que teñen gañado pola banda galega gaiteiros da talla de Carlos Núñez, Iván Costa, Edelmiro Fernández (en catro ocasións, sendo así o máximo galardoado), Daniel Bellón, Pablo Devigo, Alberto Coya, Pedro Álvarez e, este pasado ano, Raúl Lacilla.

Logo da actuación dos distintos finalistas, que tiveron que interpretar pezas asturianas e bretonas obligatorias, a Jota de Remis e Gavotte ar Menez respectivamente. Logo a parte galega era libre, iso si, non podía sobrepasar os cinco minutos a súa interpretación dela. A tarefa non era sinxela para o xurado, conformado por tres dos gañadores do certame, Daniel Bellón, Alberto Coya e Edelmiro Fernández.

Mentres o xurado deliberaba, actuou a banda que estará presente no festival deste ano, concretamente a Banda de Gaitas de Forcarei, que ademáis encandilou ós asistentes ca súa historia, xa que os directores da banda son os mestres do colexio de moitos dos rapaces que a compoñen, logrando así un clima fantástico que ben se nota na posta en escea.


Chegou o momento clave, e o xurado acordou que o cuarto 4º posto recaía sobre Lois Prado, e recibiu o trofeo de mans de Ignacio Ramos, o anterior delegado galego do Festival de Lorient. O 3º foi parar a Ismael García, entregado por José Manuel Salvado, dono do obradoiro Sanín, que doóu os trofeos. O 2º foi entregado por Pablo Seoane, actual delegado galego, a Jesús Sánchez, que será o único gaiteiro que non debute no concurso, logrando un meritorio segundo posto hai dous anos. O 1º clasificado foi Jesús Rodríguez, que recolleu o seu premio de mans da concelleira de Cultura de Teo, Carme Hermida.


Fotografías de Animaxes AV.

4 comentarios:

  1. Vaya elección...despois de ver as actuacións non se entende 1 hora case deliberando...e a elección...con todos os respetos...vergoñenta...tanto publicitar q se volve a facer selección mediante concurso...e se fai a dedo...claro con maquillaxe...

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja, descojonante, debeu ser que o xurado non tiña nin puta idea...ningún dos tres. Escolléronos a dedo tamén, porque se cadra habían facer un referendum para a súa elección. Ti debes ter a cátedra en gaita polo menos

    ResponderEliminar
  3. Respeto por favor, dubidar da profesionalidade tanto da Delegación Galega como dos tres membros do xurado é inaceptable, e de facelo, polo menos dar a cara asinando os comentarios.

    Antonio Prado.

    ResponderEliminar
  4. Que bonita a foto da banda, moitas grazas :)

    ResponderEliminar