7 mar. 2013

Jacobo Sutil Nesta, novo director da AGADIC

Logo do cese de Juan Carlos Fasero no pasado mes de Outubro para dirixir a SGAE Noroeste, anunciouse hoxe que ocupará o seu lugar como director da Axencia Galega de Industrias Culturais Jacobo Sutil Nesta, pero... que sabemos del?

Non aparece moita información, o único que se pode é acceder ó seu Facebook, e atopámonos con esta curiosa imaxe:


 Rastrexando pola rede Linkedin, aparece a información de que estudou Financiación na Universidade de Santiago de Compostela, e o seu anterior posto de traballo foi na Constructora San José, como Director de Administración. Anteriormente, estivo vinculado a outras emrpesas como Caixanova.

Non coñecemos a vinculación (se é que a ten) ó sector cultural, algo que semella fundamental para dirixir unha organización así, se ben agardamos que sexa descoñecida por todos pero sobrante.

Como curiosidade, a Constructora San José foi a que fichou ó ex-ministro de Industrias e Asuntos Exteriores Josep Piqué, e foron acusados este mesmo verán de destrucción ilegal de bosques e etnias en Paraguay.





No hay comentarios:

Publicar un comentario