11 feb 2013

Sorteo dunha entrada doble para Xacarandaina no Teatro Colón


Sábado 16 de Febreiro de 2013
22:00 horas

Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, procedente da tradición do pobo, continuada polo pobo e para o pobo. Por isto leva desde 1992 apostando pola dignificación da nosa cultura levando a escena o folclore tradicional, pretendendo demostrar que o folclore tradicional pode competir como espectáculo con calquera outro. 

Con Galizien Amerikan Linie Xacarandaina pretende achegar ao público un fenómeno importantísimo na nosa historia contemporánea máis recente: A Emigración.


QUERES UNHA ENTRADA DOBLE?

Envía un correo a folkintrio@gmail.com antes do venres 15 de Febreiro ás 16:45 horas co asunto "Entradas Xacarandaina" e o teu nome e número de teléfono e ó remate do programa diremos quen é o agraciado.

Moita sorte!

Por xentileza do Teatro Colón

No hay comentarios:

Publicar un comentario