18 dic 2012

Mamá Cabra inicia a súa xira de concertos de Nadal


Despois de encher todolos auditorios polos que xirou no 2011, Mamá Cabra volve con máis forza e máis cancións para os máis pequenos. Para rematar o ano Mamá Cabra sorprendernos coa publicación dun novo libro-disco-dvd titulado Bicos de Música, unha vez máis da man da editorial Galaxia. Este traballo vai acompañado dun novo espectáculo, cheo de sorpresas, anécdotas, bromas, bailes, xogos e diversión sen límite, sen esquecer a súa clara vocación didáctica e educativa. 

Con Bicos de Música, xa son tres os espectáculos que o grupo galego ten activos neste intre, xunto con Ola ola lá! e o especial panxoliñas Xa me tardan estes Magos

CALENDARIO DE CONCERTOS

16 decembro LUGO (Gustavo Freire) - Xa me tardan estes Magos
21 decembro BOIRO - Xa me tardan estes Magos
22 decembro A CORUÑA (Forum Metropolitano) - Cantos Pequenos
23 decembro VIGO (Auditorio Municipal) - Cantos Pequenos
26 decembro RIBADEO (Auditorio Hernán Naval) - Cantos Pequenos
27 decembro CANGAS (Auditotorio Municipal) - Bicos de Música
28 decembro CARBALLO (Pazo da Cultura) - Cantos Pequenos
29 decembro OLEIROS (A Fábrica) - Xa me tardan estes Magos
30 decembro GONDOMAR (Auditorio Lois Tobío) - Cantos Pequenos
2 xaneiro AS PONTES (Casa do Peso) - O mellor de Mamá Cabra
3 xaneiro AMES (Casa da Cultura de Bertamiráns) - Xa me tardan estes Magos
4 xaneiro REDONDELA (Auditorio da Xunqueira) - Xa me tardan estes Magos
4 xaneiro RIBEIRA (Auditorio Municipal) - Bicos de Música

E para os que non poidades asistir aos concertos, podedes ver a Mamá Cabra no espazo infantil e xuvenil  da TVG2 Xabarín Club.


No hay comentarios:

Publicar un comentario