26 nov 2012

"Son Brasilego", o novo de Sergio Tannus




Á VENDA A PARTIR DO 18 DE DECEMBRO 2012

A edición dixital estará dispoñible a partir do 12/12/12

Sérgio Tannus é un dos músicos máis completos da safra brasileira. Mora en Compostela dende
hai 6 anos, e en todo este tempo non parou de traballar e traballar, compartindo escenarios cos máis
grandes. Pero agora é el o que presenta o seu traballo propio, onde conta ca compañía de moitos
destes grandes amigos músicos.Uxía, Antonio Zambujo, Joao Afonso, Ugia Pedreira, Narf,
Ceumar, Couple Coffee... e así ate 40 colaboradores. “SON BRASILEGO”  é un proxecto de
grande porte constituíndo unha auténtica ponte musical entre os países da lusofonía, especialmente entre Galiza e Brasil.

“SON BRASILEGO” aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns. Trae a marxe da música intuitiva a reflexión sobre a
nosa identidade e irmandade, e sobre todo sobre o futuro da mesma a través da música e desa
sonoridade atlántica que nos torna "brasilegos". Pero sobre todo é un agasallo, un agradecemento a
todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico de Sergio
Tannus neste lado do Atlántico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario