A Pobra de Trives acolle o I Encontro de violino popular, un programa de actividades varias ao redor deste instrumento e a súa versión máis popular: divulgación, práctica, convivio, concertos, conferencia,...
O I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Terra de Trives no epicentro do violino popular.

PROGRAMA:
- Venres 9 novembro
Concerto de TALABARTE / 20:30 Casa da Cultura
- Sábado 10 novembro
“Paisaxes histórico-musicais da Terra Trives” e Concerto Express de COMISA BAL
- Domingo 11 novembro
- Sábado 10 -Domingo 11 novembro
Duración: 10 horas
Horarios: sábado 10 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00// domingo 11 de 10:00 a 16:00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario