12 sept 2012

En Outubro no Colón, "Penso que por min chamades", Luar na Lubre e Banda Baile Asalto.


Cada mes, resaltaremos os actos que teñen que ver co panorama cultural galego e a música folk que se realizarán no Teatro Colón, e neste caso xa temos que falar de tres para a programación de Outubro, e pasamos a darvos a información, non sen antes recordar que todavía queda o xoves 12 de Setembro a homenaxe a Manuel María, "Lúas de Outono", os 25 anos de Los limones o martes 18, monólogo de Quico Cadaval o sábado 22 e Aló Djangó o martes 25. Para non perder!


NOITES GALEGAS
Penso que por min chamades...
Musicarte
 Martes 9 de outubro, ás 20:30


O espectáculo poético musical “Penso que por min chamades…” presentado por Musicarte ofrece ao público un percorrido pola obra poética inmortal da escritora galega Rosalía de Castro a través da música de autores galegos de sona como Juan Montes, Mauricio Farto ou Pérez Bernal. A intención da obra é dar a coñecer ao espectador a dimensión máis espiritual e tamén a máis mundana da coñecida escritora tecendo aspectos da súa poesía e fragmentos da súa vida co fío conductor da música que inspiraron os seus textos na intelectualidade musical galega.

Para isto, o espectáculo conta coa participación de Estíbaliz Espinosa (recitado e voz), Isaura Rey (recitado), Gabriel Rodríguez (piano) xunto coa Coral Follas Novas e a dirección do mestre Julio Cabo Messeguer.

Luar na Lubre
 Sábado 20 de outubro, ás 20:30


12 traballos discográficos, 9 deles  editados por Warner España, máis de 300.000 discos vendidos, 2 discos de ouro, 9 Premios da Música e 1.000 concertos en máis de 23 países confirman a Luar Na Lubre como a proposta musical máis consistente i estable de Galicia.
Tras celebrar o seu XXV aniversario no 2011, a banda reemprende unna nova xeira na que presentará
por diversos escearios a Paula Rey, a nova voz que sustitúe á da lisboeta Sara Vidal. Unha voz carregada de matices e de enerxía que combinada coa riqueza instrumental i estilística da banda, non deixará indiferente a ninguén.

Banda Baile Asalto
Martes 30 de Outubro, ás 20:30


Banda Baile Asalto é un grupo “pontevedrés” nado en xuño de 2011, co gallo da súa participación no VI Festival Folc de Muxía. A súa intención, desde o seu comezo, é acadar a interacción co público, Hai que bailar!!
Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta no Teatro Colón.
Un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos, na percura dunha linguaxe
“única”. Ademáis dun profundo coñocemente da música tradicional galega, unha particular visión artística, e o seu gusto e coñecemento polas músicas doutros países e estilos, fai que a Banda se converta nun proxecto apeteceible e inetiquetable: música do mundo feita no noso país.


Sen máis, animámosvos a que desfrutedes de esta gran programación, e deixámola enteira para que non vos perdade un só espectáculo:

· Venres 5 de outubro, ás 20:30 horas: The Lost Fingers. Lost In The 80’s.
· Sábado 6 de outubro, ás 22:30 horas: Las Noches de El Club de La Comedia, con Sergio Fernández ‘El Monaguillo’, Txabi Franquesa e David Broncano.
· Domingo 7 de outubro, ás 12:00 horas: El Principito.
· Martes 9 de outubro, ás 20:30 horas: As ‘Noites Galegas’ presentan ‘Penso que por min chamades’.
· Xoves 11 de outubro, ás 20:30 horas: Recital de piano de Sergei Yerokhin.
· Venres 12 e sábado 13 de outubro, ás 21:30 horas: Goyo Jiménez con ‘Al fin solo’.
· Luns 15 ao venres 19, ás 20:30 horas: Mostra de teatro aficcionado do Teatro Colón.
· Sábado 20 de outubro, ás 20:30 horas: Luar na Lubre en concerto.
· Venres 26 e sábado 27 de outubro, ás 20:30 horas: Grand Gala Tchaikovsky, co Russian national Ballet.
· Domingo 28 e luns 29 de outubro, ás 12:00 horas: Piratas, de Eduardo Alonso.
· Martes 30 de outubro, ás 20:30 horas: As ‘Noites Galegas’ presenta a Banda Baile Asalto.

Xa podemos anunciar tamén un gran concerto para novembro, en concreto para o día 8, xa que o gran saxofonista Kenny Garrett visitará o Teatro Colón en formación de quinteto para facer as delicias de tódolos asistentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario