6 sept 2012

Cultura e Educación ofrece aos profesionais de son un curso de masterización musical co enxeñeiro estadounidense Bob Katz



A Agadic e a empresa musical Dotbeat! organizan o curso “Mastering Days con Bob Katz”, que este enxeñeiro de son estadounidense impartirá os días 26 e 27 de setembro na illa de San Simón. Un máximo de 30 alumnos poderá participar no seminario, dirixido especificamente a profesionais de son, durante o que se abordarán de xeito minucioso as principais fases dos procesos de gravación e masterización musical da man dun dos referentes internacionais neste ámbito.
 
Achegamos nota de prensa e unha imaxe de Bob Katz, así como a ligazón á información máis detallada sobre os contidos do curso:

No hay comentarios:

Publicar un comentario