19 sept 2012

Caxade | Dança dos Moscas


"Dança dos Moscas" é a peza coa que o músico galego Alonso Caxade (acordeonista de PELdeNOZ, Cuarteto Caramuxo ou cabRaret, e bombardinista na Orquestra Os Modernos) inicia un novo proxecto persoal chamado "Caxade". A creación e gravación do son e da imaxe foi feita polo propio autor, e publicada nas redes sociais o 12 de setembro 2012. 

As máis de 200 visualizacións no primeiro día de publicación en Vimeo, supoñen un impulso e apoio importante para o novo proxecto deste músico amesá.

Nas próximas semanas, dúas novas pezas "Gente Pota" e "Sr. Xorda" darán continuidade ao debut de "Caxade""Dança dos Moscas" pódese ver en: https://vimeo.com/49254915



Caxade | Dança dos Moscas from Alonso Caxade on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario