27 jul 2012

Mercedes Peón actúa este fin de semana en Canadá, continuando así a súa xira internacional


 A artista galega presenta en Canadá a súa proposta unipersonal e electroacústica

  • Preséntase no Calgary Folk Festival este sábado.
  •  Será a súa última cita do verán neste formato ata que en outono volva presentala nunha xira por Polonia.

Tras os  éxitos acados no panorama Internacional Europeo Mercedes Peón continúa a súa xira, esta vez en Canadá: Calgary será a cidade onde a compositora galega o día 28 de xullo.
Con unha proposta artístico sonora de acción sociopolítica a artista amosa unha construcción electroacústica durante hora e cuarto percorrendo os seus mundos expresivos máis particulares.
Trátase dunha acción performativa dunha intensidade vocal e electrónica que non deixou indiferente á crítica máis selecta do Womex –o más importante certame internacional de World MusicAcción feminista, amor polo singular, contradiccións sonoras e unha intensa creatividade van transcurrindo por esta performance e polo mundo creativo e sonoro tan peculiar da artista Mercedes Peón. Forza vocal, manexo de samplers, electrónica, semi batería, percusións, clarinete, gaita e sobor de todo a súa forza escénica e desnudez son os elementos conformadores de esta experiencia musical e expresiva.


[Mare]

No hay comentarios:

Publicar un comentario