22 jun 2012

Folk in Trío estará retransmitindo o Festival Interceltique de Lorient

Cuac FM desprazarase á vila bretona de Lorient entre o 3 e 12 de Agosto para cubrir o festival máis importante do mundo no que a música folk se refire.




As cifras sorprenden a calquera, e non é para menos. Con dez días de duración, o Festival Interceltique reunirá a máis de 4.500 músicos, 100.000 espectadores de pago, 700.000 visitantes e haberá alí máis de 120 espectáculos dentro da programación do festival. Logo as rúas énchense de música e animación, xa que os bares e pubs tamén teñen músicos en directo a meirande parte do día, sen entrar a falar xa dos stands dos distintos países que amosan unha chea de eventos ó longo dos días.

Un exemplo de sostibilidade, xa que dende o 1971 foi quen de consolidarse como a gran cita do verán para o folk e tamén ser o pioneiro de multitude de festivais como por exemplo o de Ortigueira.

Os participantes son, na súa gran maioría, das nacións celtas, Irlanda, Escocia, Illa de Man, Cornualles, Galicia, Asturias e por suposto, a Bretaña. Pero taméen hai presenza de outros moitos lugares, e sen ir máis lonxe, este ano estará adicado á Acadia, as colonias da Nova Francia nas tres provincias marítimas de Canadá, así como unha parte de Québec.

Nesta 42º edición, destaca a presenza de artistas como Fred Morrison, Dan Ar Braz, Buena Vista Social, Kepa  Junkera & Budiño, Jordi Savall, Afro Celt Sound System, Tejedor, Moriarty, Dominique Dupuis, Jamie Smith´s ... un once inicial de luxo, pero como dicíamos, con miles de músicos máis que farán as delicias dos centos de miles de persoas que se cheguen a  Lorient... pero hai outra opción se non podedes, sintonizar Cuac FM, porque hai un gran especial preparado.

Que vos imos a amosar?

Realizaremos un programa diario dunha hora onde vos contaremos todo o que suceda no festival. Cada día realizaremos unha análise do que sucedeu o anterior día dende a nosa emisión, e non só de concertos, xa que en Lorient hai moito máis! Exposicións, concursos, obradoiros... unha festa multicultural única!

Tamén contaremos con entrevistas a moitos dos artistas que estarán presentes alí, e por suposto, tentaremos que nos agasallen cun pouco de música en directo. Por último, faremos a programación de eventos para ese día, para que os que non teñades a sorte de estar alí, poidades sentir o folk dende as vosas casas.

Realizaremos unhaa gran cobertura multimedia do festival, xa que imos a subir canto antes, fotos e vídeos dos actos nos que poidamos estar, ademáis dunha crónica diaria que subiremos neste blog.

Quedades emprazados ó Especial FIL en Cuac FM!



No hay comentarios:

Publicar un comentario