14 may 2012

Concerto de Vaamonde, Lamas & Romero e a Banda de Música do Barco de Valdeorras



CONCERTO DE

VAAMONDE, LAMAS & ROMERO
+ Banda de Música do Barco de Valdeorras
Celebración das Letras Galegas e Festas de Santa Rita

Vernes 18 de maio de 2012 ás 21h,
Teatro Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)


O trío Vaamonde, Lamas & Romero volve a sorprendernos cunha proposta orixinal e divertida: 
un concerto coa Banda de Música do Barco de Valdeorras... en clave de humor.

O espectáculo inclúe arranxos sobre repertorio tradicional realizados polo saxofonista e compositor Roberto Somoza,
 que de xeito maxistral combinan o sabor popular con elementos de modernidade dentro da música sinfónica.

Musica popular e teatralidade aderezados con grandes doses de humor e campechanía.

Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.

No hay comentarios:

Publicar un comentario