25 may 2012

Aniversario das Noites de Tasca, en Ordes


As "NOITES DE TASCA na comarca de Ordes" cumpren 4 anos e celebrarémolo o vindeiro venres 1 de xuño con varios actos:

A partir das 19:00 h:

Impartiránse dous "Obradoiros de Baile Galego":  
un no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, dirixido  por Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte)  e outro na Alameda, dirixido por Helena Noya e Rocío López (da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo) para público de todas as idades.

Ás 20:30 h:

No salón de actos do Museo do Traxe, terá lugar a presentación do primeiro tomo da colección  "Tradición Oral", serie "Música" da Editorial Canela,  no que  Manuel Enríquez, "Nela de Bres" é o protagonista e fío conductor deste libro-CD sobre a música tradicional durante a 2ª mitade do S. XX no concello asturiano de Taramundi.      

A partir das 21:30 h:

Os grupos tocarán por distintos bares de Ordes para xuntarse todos logo, a iso das doce da noite, na cervexería ISLIA  (frente ao centro médico) e despedirse ata outubro cunha gran FOLIADA.


Vide tocar con nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario