15 mar 2012

Mercedes Peón continúa a súa xira internacional


A artista galega continúa a súa xira
internacional cunha proposta unipersonal e
electroacústica
  • A artista galega inicia esta semana unha xira de oito actuacións por Bélxica.
  • Dendermonde, Bierbeek, Leopoldsburg, Evergem, Lier, Beverem, Dilbeek e Bornem son as cidades polas que pasará a compositora galega entre os días 15 e 24 de marzo.
A Coruña, 14 de marzo de 2012.-

Tras os éxitos acados no panorama Internacional Europeo Mercedes Peón continúa a súa xira, esta vez por Bélxica, cunha xira de oito actuacións por oito cidades belgas: Dendermonde, Bierbeek, Leopoldsburg, Evergem, Lier, Beverem, Dilbeek e Bornem son as cidades polas que pasará a compositora galega entre os días 15 e 24 de marzo.
Con unha proposta artístico sonora de acción sociopolítica a artista amosa unha construcción electroacústica durante hora e cuarto percorrendo os seus mundos expresivos máis particulares.
Trátase dunha acción performativa dunha intensidade vocal e electrónica que non deixou indiferente á crítica máis selecta do Womex –o más importante certame internacional de World MusicAcción feminista, amor polo singular, contradiccións sonoras e unha intensa creatividade van transcurrindo por esta performance e polo mundo creativo e sonoro tan peculiar da artista Mercedes Peón.

Forza vocal, manexo de samplers, electrónica, semi batería, percusións, clarinete, gaita e sobor de todo a súa forza escénica e desnudez son os elementos conformadores de esta experiencia musical e expresiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario