26 mar 2012

Gala benéfica a prol de Lola


Chéganos o correo duns amigos que están organizando esta gala, gustaríanos que lle botarades unha ollada:

Ola,

Poñémonos en contacto con vós para comentarvos unha idea que temos en mente para axudar a Lola.

Primeiro, presentámosvos o caso desta nena. É unha nena con parálise cerebral que leva toda a súa a vida entre hospitais, operacións e terapias. Queren conseguir certa autonomía para mellorar a súa calidade de vida. Non pode gatear, nin dar pasos; os seus brazos e pernas son os de quen a acompaña, que xa din que merece a pena por vela sorrir. Con todo, para poder seguir adiante, Lola precisa tratamento e unha operación, pero é isto é algo que resulta moi custoso. Teñen que manter firme a cabeza e o tronco canto antes xa que senón será moi tarde.A Seguridade Social só sufraga os gastos mínimos dun tratamento que xa lles está custando moito sacar adiante.

Todo sucedeu no embarazo. A nai de Lola esperaba xemelgas, pero a xestación complicouse e unha das nenas non puido sobrevivir e Lola, logo de que a nai sufrise moito, naceu o 2 de Decembro do 2008. Tras 24 días na incubadora, fixéronlle unha ecografía de cabeza na que lle detectaron unha leucomalacia preventricular. Aos seis meses ingresou no Materno por febres altas e tiñan que facerlle tantas probas que aínda se complicou máis o caso. Os médicos advertiron que lle podía dar unha hiperamonemia que lle dañase o cerebro, co que o resultado sería tráxico.

As probas fixeron que se detectase tamén a atrofia cerebral hipoplasia do corpo calloso con ausencia do xiro do cíngulo, polo que ten un retraso psicomotor xeralizado con tetraparesia espástica.

Para colaborar con ela estanse a facer máis eventos como chocolatadas, recollidas de móbiles, tapóns de plástico, concerto de rock no pantalán, torneo de dardos en Bilbao. Personalidades famosas como Rosario Flores ou Fito doaron obxectos persoais para facer un sorteo e conseguir fondos para axudar a esta nena.
.. e agora chega o noso turno.

Que nos gustaría facer para axudala?

Estamos organizando unha gala benéfica o vindeiro luns 30 de Abril no Teatro da Xuventude de Cecebre e gustaríanos contar coa túa colaboración do seguinte xeito:
  • Permitindo ó público desfrutar uns minutos do teu bo facer musical.
  • Enviándonos merchandasing para sortear con rifas que xa se distribuirán previamente en varios puntos da Comunidade. (Por exemplo, un par de discos).

Xa temos confirmados grupos como Maghúa, Axeitadiñas (A.C. Donaire) e moitos máis.

Sobra dicir, que se non podedes colaborar deste xeito e queredes aportar algo, todo será ben recibido. Máis abaixo aparece o número de conta no que se poden ingresar cartos para axudar economicamente a Lola, para que poida recibir os tratamentos que tanto precisa para seguir adiante.

Se che apetece unirte a esta iniciativa podes enviar un correo electrónico a folkconlola@gmail.com.

Moitas grazas por todo, agardamos a vosa colaboración para axudar a Lola.



CONTA DE LOLA: 2080 0036 66 3000073012

NOVA GALICIA BANCO

CONCEPTO: TRATAMENTO DE LOLA LISTA FARO


No hay comentarios:

Publicar un comentario