3 feb 2012

Assembly Point participa nos festivais cataláns Tradicionàrius e Rubrifolkum


A banda mestiza de culturas irlandesa, galega e portuguesa presenta o seu primeiro disco os días 3 e 4 de Febreiro en Barcelona.
Logo de recoller o premio ao mellor grupo folk o pasado mes de novembro no festival Irish Fleadh en Cáceres, Assembly Point continúa a participar nos máis interesantes festivais de música folk da península. Nesta ocasión, a banda formada polo galego Fernando Barroso, o irlandés Eoghan Neff e o portugués Luis Peixoto, achégase a terras catalanas para ofrecer dous concertos consecutivos. Será o día 3 de Febreiro no Festival Internacional Tradicionàrius, compartindo escenario coa banda catalana Riu, para ao día seguinte ofrecer a súa música no festival Rubrifolkum acompañados polo grupo Pont D´Arcalís.
Assembly Point é unha banda de folk acústico que busca novas sonoridades e posibilidades nos intrumentos de corda, tendo sempre como referencia as músicas tradicionais das que beben os seus tres integrantes, procedentes de Irlanda, Galicia e Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario