16 nov 2011

Vaamonde, Lamas & Romero presentan o seu novo disco.


O TAMBOR DE PRATA

"Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives"

CD + DVD

Segundo álbum deste trío no que demostran a súa mestría e capacidade coma músicos e artistas de primeira división.Un traballo inspirado na banda galega Os Trintas de Trives, uns músicos xa modernos para o ano 1910.No mesmo formato atopamos o DVD gravado ao vivo no que tocan xunto coa Banda Sinfónica da Coruña durante un concerto celebrado no Pazo da Ópera: unha experiencia musical chea de humor.


Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres nomes referenciais da música galega actual e as súas traxectorias individuais están xunguidas aos mellores momentos e artistas da música galega contemporánea (Nova Galega de Danza, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Pel e Madeira, Fuxan os Ventos, Susana Seivane, Uxía, Luvas Verdes, Quique Peón Cía, Faltriqueira, Guadi Galego, Galeoke, Grupo Tradicional do IGAEM, X. M. Budiño, etc).


LISTADO DE TEMAS: CD: 1. Polca Do 29 2. Os Trintas Coa Banda Municipal Da Coruña 3. Cantos Asturianos 4. El Club 5. Blanca O Negra 6. Canto De Seitura De Trives Coa Banda Municipal Da Coruña 7. A Desperniquebradeira 8. La Alegría De La Huerta 9. Pasodobre Dos Trabazos 10. Villoria Coa Banda Municipal Da Coruña

DVD: 1. Os Trintas 2. A Miña Burriña 3. A Desperniquebradeira 4. Foliada De San Pedro De Visma 5. Canto De Seitura De Trives 6. Polca Do 29 7. Unha Noite Na Fraga 8. Villoria 9. La Alegría De La Huerta 10. Os Trintas (Bis)

¿Donde ver a V L & R?

Miniconcerto o 4 de decembro no Culturgal en Pontevedra ás 18:30

PRESENTACION OFICIAL

Salon Teatro de Santiago o martes 13 decembro ás 21h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario