22 nov 2011

LUAR NA LUBRE EN CONCERTO PRESENTANDO A PAULA REY

O vindeiro 7 de xaneiro Luar Na Lubre ofrecerá un concerto no Teatro Colón d'A Coruña para presentar a súa nova cantante, Paula Rey,

O pasado 3 de novembro tivo lugar a súa presentación aos medios de comunicación da que xa é nova voz de Luar Na Lubre para os vindeiros anos, Paula Rey, nacida n'A Coruña, e cunha extensa formación musical, cautivou aos compoñentes da banda ate o punto de tela escollido para ser a voz das súas composicións a partir de agora.
Doce traballos discográficos, nove dos cales foron editados por Warner España, máis de trescentos mil discos vendidos, dous discos de ouro, nove premios da Música e máis de mil concertos en vinte e tres países confirman a Luar Na Lubre como a proposta musical máis consistente e estable de Galicia.

Neste recén rematado ano 2011 Luar Na Lubre celebrou o seu XXV aniversario e foi o embaixador da súa terra realizando máis de trinta e cinco concertos dentro da súa xira Solsticio, título do seu último traballo, un album cargado de significado co que queren definir unha mestura de músicas tradicionais e raíz popular galega coa nosa música medieval, de riqueza incomparable. Luar Na Lubre levou a marca "Galicia" polos mellores teatro e festivais nacionais cun importante éxito.

Agora, a banda reemprende unha xira moi especial para presentar a Paula Rey, a nova voz do grupo que substitúe á da lisboeta Sara Vidal. Unha voz cargada de matices e de enerxía que, combinada coa riqueza instrumental e estilística da banda, non deixarán indiferente a ninguén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario