20 nov 2011

Bellón&Maceiras Quinteto en Narón

O 2011 foi un ano de moitas viaxes para BellónMaceiras, pero, por fin, témolos esta semana en concerto aquí cerquiña, en Narón!

Empezaron o ano en Rusia, onde tocaron un repertorio especial de Nadal, para máis de 1.000 persoas na Catedral Católica de Moscú,
tamén estiveron, entroutros, nos festivais de Cosquín (Arxentina), Montelago (Italia), ou Viana do Castelo (Portugal).
Tiveron incluso un programa Alalá adicado a eles, pecharon o primeiro ano da escola de música con éxito e xa están, en pleno segundo curso, pensando ampliar aulas porque xa non caben os alumnos...

Para resumir este ano 2011 (que aínda non acabou), podemos utilizar a palabra "éxito".

Este xoves 24 de novembro, ofrecerán un concerto moi especial, con temas do seu disco en Quinteto: Folkfusión.


BellónMaceiras Quinteto son:
Dani Bellón: gaita e saxo
Diego Maceiras: acordeón e acordina
Juan Cabe: guitarra
Juan Manuel Tinaquero: contrabaixo
Miguel Lamas: batería

datos concerto: xoves 24 de novembro do 2011
Pazo da Cultura de Narón
rúa Holanda, s/n.
15570 Narón (A Coruña)
20h30
entradas: 8 euros / aboados: 5,60 euros / carné xove ou estudante (ate 25 anos): 4 euros
reserva entradas: 981 102 897
de 11h a 13h30 e de 18h a 20h, de luns a venres

No hay comentarios:

Publicar un comentario