13 sept. 2011

GRANDE EXITO DA ORQUESTRA FOLK DE GALICIA "SONDESEU" EN HELSINKY


DURANTE NO ENCONTRO DA REDE EUROPEA DE ORQUESTRAS FOLK (ENFO), EN FINLANDIA
A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos tradicionais, agrupados por seccións numerosas, consiguen conformar una orquestra cunha densidade tímbrica que a aproxima a una experiencia sinfónica, mais con toda a enerxía, proximidade e denominación de orixe que ubica o oído da audiencia nunha experiencia novidosa e engaiolante.


Do Piemonte italiano chegou a música da Orquestra Tradalp, conxugando con mestría a tradición e a mestura con elementos de xéneros diversos como o jazz. De Finlandia, a orquestra da Academia Sibelius, que facía a súa primeira presentación tras un ano de preparación, amosando una vez máis o porqué do respecto que existe en toda Europa cando alguén se refire a esta institución.

A guinda, unha suite de temas italianos, galegos e fineses interpretada polo centenar de músicos que forman as tres orquestras. Non é fácil describir con palabras a sorte de sonora festa pirotécnica que produciron estes 9 minutos de música. Un experimento levado a cabo por primeira vez que puxo en pé a todo o público asistente. Entre os asistentes, o persoeiros da vida cultural e politica finesa, o embaixador de Italia, Giorgio Visetti, o reitor da Sibelius Academy, Gustav Djupsjöbacka ou a célebre artista finesa María Kalaniemi.

O concerto levouse a cabo dentro do programa de actos de presentación en Helsinki da Rede Europea de Orquestras de Música Folk ENFO, liderada polo Concello de Vigo a través da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) en colaboración coa Axencia Europea EACEA. A OFG SondeSeu contou coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O proxecto ENFO terá a súa culminación na I ENFO Conference en Vigo, no mes de marzo de 2012. Ás orquestras que interviñeron en Helsinki engadiráse unha agrupación do Royal Conservatoire of Scotland, asociado nos últimos meses ao partenariado do programa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario