14 ago 2011

Tiruleque presenta a súa musica no 41 Festival de Lorient

11-8-2011. Lorient, Francia.

O grupo folk coruñés fixo disfrutar a un auditório entusiasmado dende o comezo do concerto cunha música chea de frescura e cun estilo propio que encandilou aos máis de 300 asistentes das butacas do Palacio de Congresos da vila bretona.


Onte tocaron un tema do seu repertorio na rolda de prensa que fixeron diante dalgúns xornalistas. A súa estrea de hoxe no festival foi, sen dúbida, un éxito. O auditorio bretón estaba cheo para escoitalos. Os asistentes disfrutaron sobre todo coas pezas cantadas. Muiñeiras. jotas, pasodobles e ata unha rumba con aires de son cubano: "A Laranxa". A euforia creceu sen límites cando interpretaron "A Señá Lixandra", melodía que mistura varios estilos musicais que fan bailar a quen a escoita. Ao final o público congregado pediu un bis pero tivo que sair unha das traductoras do festival para dicir que non podían tocar máis por causas da organización. Qué pena. A xente foi abandonando o patio de butacas do auditorio quedándose con gañas de máis. De todos os xeitos, foi unha hora chea de festa e boa música. Mañá os que quedaron pedindo outra terán unha segunda oportunidade. Será en "Quai de la Bretagne" nunha carpa ao aire libre e dentro do ciclo "La Bretagne invite".

Tiruleque chegaba a Lorient despois de pisar unha chea de escenarios dende a súa formación hai nove anos ata hoxe Concertos por case que toda Galicia, algúns festivais en España e agora nun dos festivais folk máis importantes do mundo. Chegaron representando a Galicia e ao folk galego nun encontro de culturas con multitude de concertos e actos musicais de todo tipo. Carlos Núñez, Luz Casal, Pablo Seoane Grupo, Ialma son algúns dos grupos que os acompañan nestes días. Hoxe tocaron de últimos, xunto a Nish as Rish (Isla de Man) e Fiach (Irlanda). Esta noite tocarán de novo con dous grupos bretóns: Landat Moisson Quartet e Skolvan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario