2 ago. 2011

ESPECTÁCULO CASTRO-FLOXO - Xornadas de Folclore


ESPECTÁCULO RAIGAME - CASTRO-FLOXO

O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

Deste xeito, cun acto inaugural preténdese dar comezo as XXVII Xornadas de Folclore, que a partir do día 8 de Agosto percorrerán as Vilas da Provincia de Ourense con grupos chegados de diferentes puntos do globo.

- Data: 8 de Agosto de 2011
- Lugar: Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz)
- Hora: 20:30 h
- Entrada: Gratuíta (Prioridade membros grupos Xornadas de Folclore)
- Máis info: http://www.ccpxaquinlorenz​o.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario