7 jul. 2011

"OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO" NO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

O xoves 7 de xullo ás 00:30 h Oscar Ibáñez presentará no Festival de Ortigueira o seu novo espectáculo “Alén do Mar” acompañado da súa banda Tribo formada por Fernando Fraga (acordeón), Harry Price (violin), Carlos Calviño (guitarras), Paco Dicenta (baixo) e Andrés Vilán (percusións e batería).

Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.

As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes.

Oscar Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.

--
Oscar Ibáñez
http://www.oscaribanez.com
http://www.myspace.com/oscaribanezoficial

No hay comentarios:

Publicar un comentario