15 jul 2011

ESTREA DA GALA DE CANTIGAS E AGARIMOS EN PADRÓN


A AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA CANTIGAS E AGARIMOS
PRESENTA O SÉU NOVO ESPECTÁCULO

LELA

Sábado 23 de xullo de 2011 ás 23h
Praza de Macías, Padrón (A Coruña)



A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961,
fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao

Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo,
levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames


------------------------


O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo López-­‐Veiga,
puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.

A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluía entre outras,­ a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.

Neste ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupación e cúmprense 50 anos daquela primeira representación
fóra de América da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presenta a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu día,
fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras)
para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo,
levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.

Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...

Biografía
A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela
fundouse nesta cidade no ano 1921, sendo, polo tanto, a máis nova das catro agrupacións históricas do folclore galego.

Dende entón Cantigas e Agarimos, vén traballando arreo na recuperación, conservación e transmisión
dalgunhas das formas máis entrañables da cultura tradicional galega, como son a cantiga, a música, o baile e o traxe tradicional.

A través das súas seccións: coral, gaiteiros, grupo de baile e pandeireteiras (e antigamente grupo teatral),
Cantigas e Agarimos non deixou nunca de ocupar postos privilexiados nos eidos do folclore
e así o acreditan os numerosos premios acadados ao longo da súa traxectoria
e as referencias dos historiadores da cultura galega.

Ademais dedica un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre os rapaces,
por medio da Escola da Muiñeira, Gaita e Pandeireta, Concurso de Baile e Música,
Día da Muiñeira e a publicación da revista Algalia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario