19 jul 2011

Este xoves no Rosalía, María X. Silvar + banda presentan o primeiro disco de SÉS: 'Admirando a Condición'


XOVES 21 DE XULLO – 21:00h – 8/10 euros

TEATRO ROSALÍA – A CORUÑA

SÉS

Concerto presentación do disco

‘ADMIRANDO A CONDICIÓN’

As entradas para xa están á venda

Xa queda menos. O primeiro disco de Sés, a banda da coruñesa María Xosé Silvar, preséntase este xoves. Titularase 'Admirando a condición' e presentarase en concerto este xoves, 21 de xullo, no teatro Rosalía de Castro da Coruña.

O disco, producido por Airparo, gravouse, mesturouse e masterizouse nos estudos Bruar, con David Paz, Nicolás Vieites e Javier Ferreiro á fronte dos traballos de gravación e produción e coa propia María Xosé Silvar, autora de todos os temas, supervisando os arranxos musicais. Encabezados polo single ‘Rolling Stone’, son en total dez temas gravados con toda a banda, cos metais, os coros e a impoñente voz de Sés que conseguen un son dacabalo entre os ritmos americanos e a música latina. Admirando a condición conta cun undécimo corte extra gravado co formato acústico co que actuaron Silvar e Tito José Calviño nos meses pasados en bares e locais de toda Galicia. Canto á imaxe do disco, todo o deseño e as fotografías de 'Admirando a condición' están asinadas por Marcos Martínez, autor tamén da webwww.mariaxosesilvar.com

Sés presentará Admirando a condición en directo o vindeiro 21 de xullo, nun concerto no teatro Rosalía de Castro con toda a banda. O concerto comezará ás nove da noite e as entradas xa están á venda: custan 8 (anfiteatro) ou 10 euros (platea) e pódense adquirir na billeteira da praza de Ourense (de luns a venres de 21:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30), no propio teatro Rosalía (só os días de función, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00) ou por telematicamente no teléfono 902-504-500.

No hay comentarios:

Publicar un comentario