Talabarte son tres viaxeiros intrépidos, fora do tempo,
que dende a tradición marchan na busca de novos sons e aventuras
TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.
Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).
Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferenza e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.
Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.
Contemporaneidade e tradición, xuntas, nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin de ser indiferentes aos sentidos.
¡Escoita a Talabarte, escoita boa música!
A VENDA EN TODAS AS PLATAFORMAS A PARTIR DO 20 DE XUÑO
ESCUCHA EL PRIMER SINGLE FENDENDO ACHAS EN MY SPACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario