24 jun 2011

Pradairo na Mariña



CONCERTO DE

PRADAIRO
+ Güintervan
(pola tarde Xogos Tradicionais e Foliada)

Sábado 2 de xullo de 2011 ás 23:00h,
VII Foliada da Mariña, Xove (Lugo)

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación,
sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual.

Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable
para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzo
por todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras.

Ritmo e creatividade cos pés na terra. Pateado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario