O espectáculo, ideado por Miguel Souto, reúne a un total de cincuenta artistas entre músicos (dirixidos por Rafael Crespo), pandereteiras e pandereteiros (seccións a cargo de Javier Feijoó Chisco) e bailadores (baixo a dirección do propio Souto), no que constitúe un reflexo da ampla variedade de ritmos e xeitos de bailar e tocar existentes en Galicia. Esta variedade ten a súa manifestación incluso no relativo á vestimenta, xa que cada baile conta cun vestiario diferente.
Segundo a propia entidade, o evento é
O contido do espectáculo está integramente baseado no traballo de campo desenvolvido por todas as bisbarras galegas polos membros da agrupación desde a súa fundación en 1996. Este traballo, xunto coa calidade da posta en escena do material recollido en vilas e aldeas converten ao Grupo para a recollida de bailes, músicas e cantares O Fiadeiro nun dos máis salientables do país no tocante á difusión do folclore.
O Fiadeiro manifesta tamén o seu agradecemento ás entidades que colaboran no desenvolvemento dos proxectos da entidade, así como a Novacaixagalicia pola cesión do emblemático teatro vigués.
Programa do acto: VII Gala “Esta noite hai unha fía. De Oficios e Labores”
1.- O labor de ser nai.
-Canto de berce de Xacebáns (Quintela de Leirado).
2.- O oficio de mineiro.
-Canto de mina de Varilongo (Santa Comba).
-Muiñeira de Pontegrixoa (Santiago de Compostela).
3.- O oficio de músico.
-Jota de As Cortellas (Soutomaior).
-Músicas de “Os Padernes” (O Caurel).
4.- O oficio de pedreiro.
-Canto de pedreiros de Aranza (Soutomaior).
-Jota de Moscoso (Pazos de Borbén).
5.- O oficio das castañeiras.
-Canto de apañadoras de Murias de Rao (Navia de Suarna).
-Moliñeira de Silvela (As Nogais).
6.- Nas cidades.
-Foliada da Mahía.
7.- O labor das fiandeiras.
-Canto de fiada de San Salvador (Santa Comba).
-Pandereitada de Meimendre (A Baña).
8.- O día da festa.
-Treboada (Tomiño).
-Canto de Reis de Riofrío.
-Danza de Reis de Riofrío.
9.- O oficio de capador.
-Canto de capadores de Vila de Cruces.
10.- Labores do campo.
-Canto das labradas de Aboal (Toutón).
-Añas de Aboal.
11.- O oficio de ovelleiro.
-Tonada de Degrada (Cervantes).
-Muiñeira de Acibo (Pedrafita do Cebreiro).
12.- Oficios do mar.
- Canto de Redeiras de Muxía
- Canto de Mariñeiros de Rianxo
13.- Tempo de descanso.
-Canto de serán, pasodobre e xota Santiago de Oliveira (Ponteareas).
Podedes mercar as entradas chamando ao teléfono 986 110 500 ou 902 504 500, ou ben reservalas na páxina web www.servinova.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario