12 jun 2011

Foliada en Poulo (Ordes)


Moi boas tardes a todos/as



O vindeiro Sábado 18 de Xuño a partir das 8 da tarde terá lugar na parroquia de Poulo (Ordes) a II RUADA “Vai de troula” organizada pola Asociación Cultural “Camiño Real” de Poulo.


Agradecemos moito a colaboración da Deputación de A Coruña, do Concello de Ordes , e de todos os grupos de música tradicional e asociacións de Ordes, da comarca, e fora dela, que estarán facendo festa con nós en Poulo, pois con estes eventos conseguimos entre todos algo moi importante, que a nosa música tradicional siga estando aí e que dende os máis cativos da casa ós máis maiores nos xuntemos para disfrutar dela e seguir conservándoa.


Contaremos con servizo de bar, sorteos e algún agasallo como recordo da II RUADA “Vai de troula”. Así que, dende a Asociación Cultural Camiño Real, esperamos que o vindeiro 18 de Xuño a partir das 8 da tarde nos acompañedes todos botándolle unhas bailas e trouleando toda a noite , ata que o corpo aguante.


A.C. Camiño Real

No hay comentarios:

Publicar un comentario