27 jun 2011

FESTA REBULIR. Peche de curso


Desde a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir organizamos para o Vindeiro Venres 1 de Xullo a nosa festa con motivo de peche do curso. Esta celebración xa ven sendo habitual desde os comezos da asociación, e nela pretendemos ter unha xornada de xuntanza lúdica onde membros, familiares e amigos poderán disfrutar de múltiples actividades.

Para esta edición contamos con un cartel de luxo:

19:45 h. Presentación do IV Concurso de Fotografía Antiga, e tamén presentación da nova Xunta directiva
20:00 h. Actuación de todos os grupos que compoñen a Escola: Gaiteiros, pandereteiras, grupos de baile...
21:00 h. Petiscos para membros e amigos
22:30 h. Concerto de MINI E MERO (Fundadores de Fuxan os Ventos e membros de A Quenlla)
E xa para finalizar a xornada... desprazamento ata o Serán de Maceda para continuar coa troula.

Todas as actividades celebraranse no Centro Cultural de O Picouto (Ramirás). As actuacións e o concerto serán abertos e con caracter gratuíto para toda aquela persoa que queira asistir.

Quedades convidad@s a darlle peche ao curso 2010/2011 con esta festa !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario