28 jun. 2011

BellonMaceiras Quinteto e Ultraqans en Musica na Noite e logo no Runas

BellónMaceiras Quinteto e Ulträqäns en Música na Noite


Este sábado 2 de xullo, temos cita no Festival Música na Noite, no Campo de Calo, en Teo.
BellónMaceiras Quinteto e Ulträqäns comparten escenario coa Banda de Gaitas de Calo e con Mercedes Peón.
Os Estalotes serán os encargados de animar ao público, a pé de escenario, entre cada grupo.
Como xa é habitual neste festival, sabemos que haberá gastronomía feita con moito agarimo, moeda para uso exclusivo da festa, e un moi bon ambiente, gracias a toda a xente de Calo que traballa, ano trás ano, para que poidamos ter a mellor velada da zona.
BellónMaceiras Quinteto, logo da súa xira de Artistas en Ruta por Segovia, Zaragoza, Tudela e Vitoria, bríndanos aquí unha das poucas oportunidades que teremos de escoitalos en directo, en Galicia este verán, polo que convidamos a todos os seus fans e aos curiosos, a que se acheguen a Teo! Tamén poden seguilos a Italia, Portugal, pero queda un pouco a desmán...
Os Ulträqäns terán, este sábado 2 de xullo, un convidado especial -e de honra- xa queJavi Prieto, o debuxante do seu disco e dos seus numerosos carteis, estará con eles no escenario durante o concerto. O intrumento que tocará non fará nin música nin ruido, pero si, algo moi artístico. Mentres os Ulträqäns toquen o seu repertorio, o debuxante-deseñador Javi Prieto ilustrará o espacio adaptado a este efecto coas súas pinturas.
Xa non vos decimos máis nada, porque xa sabemos que nos veremos alí.
teo 

_________________________________________________

Ulträqäns toca na final do concurso Runas 2011, o vindeiro xoves 7 de xullo

O xoves 7 de xullo, Ulträqäns estará cos grupos finalistas do concurso Runas 2011 tocando no escenario principal do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
Vémonos alí para animar ao grupo e desexámoslle moita sorte!
O máis importante para ese día é que todas e todos pasedes un moi bon momento no concerto, polo que agardamos vervos alí apoiando a Ulträqäns e bailando ao son da súa música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario