12 may 2011

I Obradoiro Maghúa de Folclore Galego


Prezado/a amigo/a,

Desde a A.C. Maghúa convidamos-te a participar no Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO.
Orientado ao nível de PERFECCIONAMENTO, constará de catro módulos:

- BAILE GALEGO, impartido por Montse Rivera.
- GAITA GALEGA , impartido por David Bellas.
- PERCUSIÓN TRADICIONAL, Lola Fernández.
- CANTO TRADICIONAL, impartido por Xabier Díaz.

Celebrará-se o dia 25 de xuño de 2011, sábado, no marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, co seguinte horário:
Mañá: 10 a 14 e Tarde: 16 a 20.

Cada módulo terá un custo de 35 euros.

Para mais info, ou para solicitar inscrición (as prazas serán limitadas) podes escrever ao email da asociación (maghua.cantareiros@gmail.
com), ou ben poñer-te en contacto co celular 696607342.

Recebe un cordial saúdo,

No hay comentarios:

Publicar un comentario