20 may 2011

Concertos para os nenos en O Couto


CONCERTO DE
PABLO DÍAZ (TIC TAC) + MAMÁ CABRA
+ A NENA E O GRILO

FESTILETRAS DO COUTO
Domingo 22 de maio de 2011 ás 17h
O Couto, Ponteceso (A Coruña)

MAMÁ CABRA
Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía,
pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.

Ola ola lá! é o séu novo traballo discográfico. Unha proposta que xa inunda as librarías
da man da Editorial Galaxia. Neste espectáculo poderedes gozar
das novas cancións de Mamá Cabra que, nesta ocasión, faise acompañar por un coro de voces do máis divertido.



PABLO DÍAZ (TIC - TAC)
Froito dunha incesante actividade musical e vital, o multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz,
agasállanos por fin co seu primeiro traballo discográfico en solitario: Tic-Tac.

Un espectáculo para nenos grandes e pequenos. Con bases da música pop, rock,
tradicional galega e moitas máis, Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante:
espertan ca canción do Tic-Tac, bailan co Rock do Porco Celta,
viven mil contos que van arrolando a imaxinación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario