XOVES 21 DE ABRIL - 21:00h – Sala The Star (Carral, A Coruña) – de balde
ESTE XOVES, FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL NA SALA THE STAR
Este xoves, volven os seráns á Sala The Star. Despois dun mes de parón, o mellor local de espectáculos de Carral recupera estas xornadas de música tradicional improvisada nas que os amantes da música de raigame poden cantar, tocar e bailar libremente durante toda a noite. Aínda que normalmente os seráns son o segundo xoves de cada mes, de forma excepcional o de abril trasladouse a vindeiro día 21, aproveitando que o venres é festivo e que haberá ganas de leria!!
Con entrada libre e a única premisa de pasalo ben e montar unha boa festa, a Sala The Star quere convidar a todos os músicos e bailaríns a que se pasen mañá polo local para botar unha foliada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario