Mañá venres comezan as actividades en Narón arredor da zanfona, unha cita que xunta afeizoados, curiosos e estudosos sobre o instrumento. O día primeiro deste festival especializado será o adicado á programación para o público máis xeral e para a divulgación da zanfona. As sesións didácticas para escolares, a sesión teórica baixo o tema “imaxes da zanfona” e o concerto da noite, atraerán a público de toda Galicia. O lugar será o Auditorio de Narón -non o Pazo da Cultura coma estaba anunciado.
PROGRAMA
Día 1. Venres 18 marzo. Auditorio de Narón
11h - Sesión didáctica para escolares. Pazo da Cultura. 5º-6º Primaria
- Explicación interactiva co luthier Jaime Rebollo e a actriz e cantante Pepa Yáñez para nenos e nenas de colexios de Narón.
18 h - Imaxes da zanfona
- “Galicia”: Visionado do documental de Carlos Velo (1936) e comentario de Guillermo Escrigas, director do CGAI.
- "A sanfona de Isidoro Brocos": Isidoro Brocos, a música tradicional e os seus estudos sobre a sanfona. Conferencia por José Luís do Pico Orjais, historiados.
20.30 h - Concerto en palco. Pazo da Cultura
Adrià Grandía
Combo Mariñeiro de Vilaxoán
Entreacto: Concerto didáctico, “A nickelharpa: zanfona de arco ou viola de teclas?” con Xan Manoel Aparicio (Xan de Verín)
Día 2. Sábado 19 marzo. Aldea Nova
- 10 h Cursos de práctica instrumental con Adrià Grandia.
- 22 h Palco aberto
Día 3. Domingo 20 marzo. Aldea Nova
- Curso con Adrià Grandia. Sesión matutina.
Accións previas
Sábado 12 marzo. 17 horas: “a zanfona na romería”
Performance no Centro Comercial Odeón (Narón): Alumnado da Escola de Zanfona e de Teatro do Padroado de Narón.
Vídeos promocionais VII Encontro Zanfona Contemporánea: visita Folque TV
No hay comentarios:
Publicar un comentario