4 mar 2011

Bases para o sorteo da matrícula aberta para os Cursos Folk Ferrolterra


Folk in Trío, por medio dos Cursos Folk Ferrolterra sorteará entre os participantes:

Unha matrícula aberta para a II edición dos Cursos Folk Ferrolterra, con valor de 90€

As condicións para acceder a dito sorteo son as seguintes:

- A participación é libre, sen límites de idade

- Para optar ao sorteo os participantes deben facer o seguinte:

  • Subir un vídeo ao Youtube ou a Facebook interpretando polo menos as dúas partes da sintonía do programa (Rumba dos cinco mariñeiros) cun dos instrumentos ou danzas que cursarían no propio curso, e dicindo no principio algo como "Este vídeo é para Folk in Trío, para acceder ao sorteo dos Cursos Folk Ferrolterra"

  • A ligazón a ese vídeo ten que chegar a Folk in Trío ben por correo electrónico a folkintrio@cuacfm.org ou ben polo Facebook, en facebook.com/folkintrio, e nós notificaremos que o recibimos.


- Folk in Trío reservase o dereito de descalificar ós usuarios que incumplan coas bases.

- Entre os vídeos que se reciba, TODOS OS PARTICIPANTES ENTRAN NO SORTEO, é dicir, non se avaliará nin a calidade, nin arranxos... só o xesto, así que a animarse todo o mundo.

E nada máis, simplemente dicirvos que agardamos os vosos vídeos, e moita sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario