10 feb 2011

Fórum [Folk] in Trío

Ola a tod@s!



Temos que comunicarvos unha moi boa nova, xa que dende este ano, Folk in Trío vai a estar ligado estreitamente co ciclo de música Fórum Folk que ven desenrrolando o Concello de A Coruña dende Setembro do 2008.


Cada venres antes dos concertos imos falar co artista que o luns poderemos ver no Fórum Metropolitano e ademáis...


SORTEAREMOS CINCO ENTRADAS DOBLES PARA CADA CONCERTO.


Estade atentos o venres de 16 a 17 horas a Cuac FM, a radio comunitaria de A Coruña.

É moi sinxelo, simplemente con chamar ao 981 167 000 (extensión 2232) xa che collemos os datos para entrar no sorteo, ou senón podes deixarnos o teu número de teléfono por mensaxe privada ou e-mail a folkintrio@cuacfm.org e xa te chamamos.


Este luns 14 de Febreiro estará Davide Salvado presentando o adianto de Árnica Pura, o primeiro disco deste artistas que conta coa produción de Eliseo Parra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario