11 ene 2011

Que grupo galego queres escoitar na Festa da Carballeira de Zas?

Ola a tod@s!

Dende a organización da Festa da Carballeira de Zas puxéronse en contacto con nós xa que andan preparando o festival deste ano 2011 e tamén queren contar con grupos que diga o público.

O único requisito é que o grupo sexa galego e non teña actuado aínda neste célebre festival que se celebra agora na Carballeira de Velar.

Mandádenos un correo electrónico a folkintrio@gmail.com co asunto "Carballeira 2011" e coméntanos as túas preferencias que lle faremos chegar á xente de Castro Meda para que as teñan en conta.

Apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario