24 nov. 2010

I Canción do ano de Folk in Trío (Cuac FM)

O 31 de Decembro despedimos o ano en Cuac FM, e queremos facelo cun programa cheo de sorpresas.

Para iso, ides a ser vós os que elixades a música deste día, pero con unha particularidade, que esa música será toda a que dende o 3 de Xullo que comezamos esta andaina nos foi chegando dende grupos e productoras.

O mecanismo vai ser moi sinxelo, xa que entrando nun link que imos poñer ao fondo, veredes todos estes días cos seus respectivos temas. De cada álbum poderedes escoller, se o desexades, un tema, e senón podedes deixar o oco baileiro.

As cancións que máis votos reciba dende o 24 de Novembro que abrimos as votacións ata o 28 de Decembro (e non é inocentada ningunha), serán as encargadas de pechar este ano en Folk in Trío.

A primeira ademáis, vai levar un nomeamento moi especial para nós, xa que será a I Canción do ano de Folk in Trío (Cuac FM).

Así que a votar todos premendo no seguinte link:

-ENQUISA-*


As cancións que están en Spotify podedes escoitalas dende a nosa lista de reproducción aquí.
As carátulas dos álbums están no noso Facebook.


ATENCIÓN

Por mor de que onde tiñamos colgada a enquisa non nos acepta ver máis votos, decidimos o seguinte.
- Como xa se procesaron máis de 500 votos nun día, imos escoller a canción máis votada de cada disco para que estas sexan as candidatas a Canción do Ano Folk in Trío (Cuac FM)
- Poderase votar en http://folkintrio.cuacfm.org ata o 28 de Decembro ás 23:59.
- En caso de empate, o 29 de Decembro produciríase un desempate co mesmo sistema.

Desculpade as molestias e moita sorte aos participantes!


2 comentarios:

  1. Ola, podedes arranxar a ligazón da lista de reprodución para Spotify, por favor? É que unha vez que contestas a enquisa xa non podes ver a lista de discos, e sería interesante.
    Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Ola.
    Xa mudamos o sistema, sentimos as molestias.
    Graciñas polo interese.

    ResponderEliminar